Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A galiña roxa / adaptación de Pilar Martínez a partir do conto popular ; ilustracións de Marco Somà.

por Martínez, Pilar; Somà, Marco.
Tipo: MonografíaSeries: Os contos do trasno.Editor: Pontevedra : Kalandraka, 2022 Edición: 3ª ed.Descrición: [29] p. : il. cor ; 23 cm.ISBN: 9788484648093.Materia(s): conto tradicional | estrutura repetitivaResumo: “A galiña roxa” é un conto tradicional moi estendido no mundo anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presente na vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre dan bos froitos- fronte á insolidariedade e á nugalla de quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente do traballo alleo. A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gato durmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos que definen os personaxes- que non está no seu ánimo colaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller, moer, amasar... Faenas que, ademais de ser duras, transcorren nunha longa liña de tempo, a través das estacións, polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidades de quen só se interesa por obter resultados inmediatos. As ilustracións, de tons cálidos e ocres, revisten o texto dun tinte lúdico, con animais humanizados, orixinais elementos mecánicos e unha ambientación que reflicte a vida tradicional no campo.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Plurilingüe de Carballedo
Sala préstamo
8.3.3. MAR gal Prestado LA 22/02/2025 PEC196000005772

“A galiña roxa” é un conto tradicional moi estendido no mundo
anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presente
na vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre
dan bos froitos- fronte á insolidariedade e á nugalla
de quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente
do traballo alleo.

A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito
duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gato
durmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos
que definen os personaxes- que non está no seu ánimo
colaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller,
moer, amasar... Faenas que, ademais de ser duras, transcorren
nunha longa liña de tempo, a través das estacións,
polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidades
de quen só se interesa por obter resultados inmediatos.

As ilustracións, de tons cálidos e ocres, revisten o texto
dun tinte lúdico, con animais humanizados, orixinais
elementos mecánicos e unha ambientación que reflicte
a vida tradicional no campo.

Coa tecnoloxía Koha