Martínez, Pilar.

A galiña roxa / adaptación de Pilar Martínez a partir do conto popular ; ilustracións de Marco Somà. - 3ª ed - Pontevedra : Kalandraka, 2022 - [29] p. : il. cor ; 23 cm. - Os contos do trasno .

“A galiña roxa” é un conto tradicional moi estendido no mundo
anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presente
na vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre
dan bos froitos- fronte á insolidariedade e á nugalla
de quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente
do traballo alleo.

A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito
duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gato
durmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos
que definen os personaxes- que non está no seu ánimo
colaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller,
moer, amasar... Faenas que, ademais de ser duras, transcorren
nunha longa liña de tempo, a través das estacións,
polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidades
de quen só se interesa por obter resultados inmediatos.

As ilustracións, de tons cálidos e ocres, revisten o texto
dun tinte lúdico, con animais humanizados, orixinais
elementos mecánicos e unha ambientación que reflicte
a vida tradicional no campo.

9788484648093


conto tradicional
estrutura repetitiva

834 (AZ) 82-N

Coa tecnoloxía Koha